Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A retirada definitiva dun farol do campo da feira aforrará ao concello 6.000 euros anuais

Farola campo da feira orixinal

O responsable de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explica que este farol situado no medio do campo da feira tiña que ser retirado cada vez que se realizaba algún evento. Unha operación que tiña lugar unhas dez veces ao ano e que supoñía un gasto de ata 6.000 euros xa que era preciso contratar un camión grúa para realizar as tarefas de montaxe e desmontaxe.

Un gasto elevado que era preciso afrontar cada vez que se facía necesario colocar no lugar unha carpa, se celebraba un concerto ou outro tipo de eventos. Unha operación que se repetía en festas como a do Choco, no Nadal, nos concertos da Coca ou mesmo cando hai feira. Así o explica Villar quen engade que a retirada definitiva deste farol suporá un aforro de 6.000 euros.

A luminaria trasladouse agora a unha zona axardinada á entrada do aparcadoiro do campo da feira, onde non supón problema algún para a celebración de eventos. Este cambio de localización aproveitouse tamén para mellorar a iluminación na zona, ao cambiar as dúas lámpadas de 100w por outras de 240w. Villar apunta que este cambio permite tamén reducir as emisións contaminantes “xa que non será preciso o uso deste camión cada vez que se celebre un evento no campo da feira”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará