Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CR Chapela rende unha homenaxe a Julio Prado tras despedirse da presidencia

17038821_1130766537051956_8966423884470411442_o

O Club de Remo Chapela organiza unha homenaxe a Julio Prado tras deixar a presidencia da entidade deportiva despois de 20 na directiva. O evento terá lugar o xoves 22 de febreiro á 19:00 horas no Multiúsos de Chapela. As instalacións da parroquia acollerán aos remeiro, técnicos  e principais representantes das institucións locais en honra dunha das figuras máis importantes da historia do club.

Julio Prado explicaba, nunha entrevista para Radio Redondela, que esta decisión foi voluntaria para “descansar tras dúas décadas con responsabilidades no club e para poder gozar de máis tempo coa familia”.

Julio Prado

No acto estará presente a nova xunta directiva e o seu novo Presidente, Antonio Viaño, quen recollerá o relevo de Prado. Viaño, con 5 anos de experiencia na organización do club, explica que os principais cambios nos cargos foron nos postos de presidencia, pero o equipo mantense “moi similar ao que traballou durante o mandato anterior”. Engade que o reto está en “adaptar o CR de Chapela ás novas tecnoloxías e modernizalo”.

Antonio Viaño

O acto, que se celebrará este xoves 22 de febreiro ás 19:00 horas no Multiúsos de Chapela, estará aberto ao público. O aforo é limitado e necesítase confirmación de asistencia no 986 44 15 70.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará