Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior contará co historiador Rafael Quintía para recuperar o seu Entroido tradicional

FIRMA ENTRUIDO 2

Rafael Quintía e Manu Lourenzo na sinatura do convenio

Quintía levará a cabo un estudo de investigación durante os vindeiros meses co obxectivo de recuperar os rituais e figuras tradicionais do Entroido en Soutomaior, coa vista posta en converter o concello nun referente a nivel galego. O traballo desenvolverase en colaboración de persoas maiores de 80 anos que levan na súa memoria as lembranzas de cómo se celebraba tradicionalmente esta festa.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o historiador Rafael Quintía asinaron este martes o acordo para a posta en marcha da primeira fase dun estudo de investigación que ten por obxectivo a recuperación e o impulso do Entruido tradicional na localidade.

Esta primeira fase consistirá nun traballo de campo que o propio Rafael Quintía desenvolverá nos barrios do concello. A través dunha serie de informantes seleccionados, maiores de 80 anos todos e todas elas, Quintía recollerá todo o material oral, gráfico, documental… para levar a cabo unha triangulación dentro do concello e establecer onde e como se levaban a cabo os distintos rituais do Entroido no pasado.

As primeiras conclusións do estudo, xunto co proxecto de recuperación, presentaranse a finais de 2023. Tras isto comezará unha fase divulgativa por todo o municipio coa intención de que a veciñanza coñeza máis sobre a súa propia historia e as tradicións que os seus devanceiros levaban a cabo no século pasado.

Tras a firma do acordo Lourenzo mostrou a súa satisfacción con este proxecto que impulsa a concellería de festas que el mesmo xestiona “Soutomaior é un concello moi rico en tradicións e historia, e este goberno ten como un dos seus obxectivos a recuperación e impulso de todo ese patrimonio etnográfico e cultural, Soutomaior ten todo para ser un referente do Entruido tradicional galego, como xa o é o concello veciño de Vilaboa e históricos destas datas como Xinzo de Limia, Laza ou Allariz”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará