Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estrea a escola para pais e nais con fillos adolescentes

escuela de padres

Nun mundo en constante cambio son moitos os proxenitores que non saben como afrontar unha idade tan complexa como é a adolescencia. Así o entenden na Federación de Anpas de Redondela quen decidiron poñer ne marcha unha escola de pais e nais que busca ser un espazo no que reflexionar, comprender e atopar ferramentas para acompañar aos fillos e fillas nesa etapa dun xeito máis saudable e satisfactorio.

José Manuel Lago, presidente da Federación explica que detectaron unha necesidade por parte de pais e nais que precisan dunha orientación para enfrontarse a un momento no que moitos se atopan perdidos á hora de acompañar os cambios que viven os rapaces. “Cambios na pubertade e na adolescencia que cada vez son máis difíciles de entender por parte dos proxenitores que se atopan nun mundo onde as comunicación se fan por internet e onde medran os problemas de saúde mental”.

Con esta escola de pais e nais búscase dar un apoio ás familias “brindar as ferramentas e os apoios necesario para enfrontar os retos educativos nunha sociedade en constante cambio”.

Convocan a todas as persoas interesadas a achegarse a unha actividade que arrancará o luns 23 en horario de tarde no IES Pedro Floriani dende as 18:30 a 20:30. Unha reunión participativa onde se falará de todos os problemas que se viven nas familias con fillos na puberdade e na adolescencia e que será a primeira das oito reunións previstas (as seguintes serán os días: 30 de outubro, 6 e 13 de novembro, 15, 22, 29 de xaneiro e 5 febreiro).

Inscrición no enderezo https://bit.ly/AMPAS.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará