Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cesteiro de Pazos de Borbén, Alvaro M.Leiro finalista do Premio nacional de Artesanía

alvaro leiro

Un total de catro candidaturas galegas optan a estes galardóns cuxo obxectivo é contribuír ao desenvolvemento e competitividade do sector artesán, así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado. Ao mesmo tempo, prémiase ás institucións e empresas que contribuíran de xeito significativo a impulsar o traballo artesán.

Nesta edición dos Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo , Galicia contará con finalistas en catro das cinco categorías. O artesán Álvaro Leiro (Pazos de Borbén), recentemente galardoado co Premio Maestro Artesano Círculo Fortuny ao Mellor artesán de vangarda 2023, opta ao Premio Nacional de Artesanía.

O seu traballo comeza coa investigación da artesanía tradicional vinculada á cestería en espiral, unha técnica empregada tradicionalmente para fabricar cestos e recipientes para transportar auga e alimentos. Desde o ano 2016 colabora coa firma Loewe, coa que entrou en contacto durante a celebración do Corazón da Artesanía de Agolada e desde aquela os seus deseños forman parte do catálogo de bolsos desta marca. No ano 2022, Loewe presentou no Salón do Moble de Milán un bolso inspirado nas corozas tradicionais galegas, unha das prendas máis antigas da vestimenta galega que se empregaba para protexerse da chuvia e do frío. Leiro participou tamén na colección de Loewe presentada no Salón do Moble de Milán 2023 a través da elaboración de bolsos/cestas elaborados con coiro.

Tamén son finalistas o obradoiro Inés RIR&CO Deseño Textil (Allariz) na categoría Produto pola súa manta de bebé “D-Leite”, elaborada con fibra de proteína láctea. A cesteira Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño), candidata ao Premio Emprendemento e a Fundación Artesanía de Galicia que resultou finalista por segundo ano consecutivo no Premio Promociona para Entidades Públicas, en recoñecemento ao evento Corazón da Artesanía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará