Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un incendio causa importantes danos materiais nun local da rúa Pai Crespo e obriga a desaloxar os veciños

tien 21

As investigacións para esclarecer o inicio do lume no establecemento Tien 21 na rúa pai Crespo seguen abertas, pero todo apunta a un posible cortocircuito que provocaba un aparatoso incendio ao redor das 17:00 horas deste martes. Malia que non houbo feridos a Policía Local procedeu a desaloxar aos veciños do primeiros andar do edificio debido á intensa acumulación de fume. O lume quedou extinguido contra as sete da tarde.

Os feitos producíronse ao redor das cinco da tarde cando un particular alertaba ao 112 Galicia do incendio nun establecemento comercial na zona do Funil en Redondela. Ata o lugar desprazouse un indicativo da Policía Nacional, interviron  Emerxencias Concello Mos e bombeiros do Baixo Miño así como axentes da Policía Local e protección civil de Redondela que se encargaron de sufocar un incendio e realizar a tarefas de ventilación.

Os axentes, ademais de evacuar aos veciños do primeiro andar tamén recomendaron o peche das fiestras debido a intensa acumulación de fume.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará