Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian os malos cheiros procedentes do polígono de Amoedo

polígono amoedo

O BNG de Pazos de Borbén insta ao goberno local a iniciar unha investigación por uns malos cheiros que se veñen repetindo nos últimos meses procedentes dalgunha das empresas asentadas no polígono. Urxen a que se acometan de xeito urxente as medidas necesarias para acabar con esta situación.

O BNG de Pazos traslada ao alcalde da localidade, Luciano Otero unha petición para que resolva os malos cheiros dos últimos días no polígono de Amoedo. Unha situación que tería empeorado nas últimas semanas nas inmediacións da zona industrial. Aseguran que non é a primeira vez que esta situación ocorre, xa que nos últimos meses repetiuse varias veces con malos cheiros procedentes dalgunha das empresas alí asentadas. Engaden que estes fortes cheiros intensifícanse a última hora da tarde, facéndose insoportables nestes últimos días de calor.

O voceiro da organización nacionalista, Xurxo Besadío solicita “ao goberno que realice unha investigación da procedencia dos malos cheiros para por fin a esta situación insalubre e molesta para as veciñas, veciños que non poden ventilar as súas vivendas e para os negocios de hostalaría na zona que non poden empregar as súas terrazas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará