Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chokoslovakos, a primeira peña do CD Choco preséntase en sociedade

chokos

Setenta anos despois do nacemento do Club Deportivo Choco, aló polo ano 1953, preséntase oficialmente a que é a primeira peña do equipo redondelán. Nacida en plena pandemia por iniciativa dun grupo de amigos comandado polo seu actual presidente, Hugo Pazos, Chokoslovakos congrega a día de hoxe 86 persoas de todas as idades “dende os 5 ata os máis veteranos que poden ter preto de 90” e conta cun nutrido grupo de mulleres. Este venres celebran unha festa solidaria de presentación que terá lugar á partir das 19:00 horas na Feira do gando de Redondela.
“Esta é a primeira e a única peña federada e inscrita tanto no Concello como na Xunta”. Unha idea que naceu hai xa unha década pero que tardou un tempo en concretarse. De feito, foi cando o Choco chegou a Terceira División cando un grupo de amigos pensou na posibilidade de montar unha peña, pero non sería ata a pandemia “tal vez porque dispoñiamos de máis tempo libre” cando decidiron pasar á acción e poñela en marcha.


Nestes tres anos xuntaron xa 86 persoas, homes e mulleres de todas as idades e non só veciños da vila “hai xente de Estremadura, de Cataluña, de Portugal… que comparten unha paixón polo deporte en xeral e polo fútbol en particular, ganas de divertirse e, sobre todo, ganas de vivir o deporte e de promover o fútbol como un xeito de socializar e de se divertir.

Recoñecen que seguindo ao Choco “sófrese moito, o ano pasado foi oi duro… igual porque viñamos de dúas tempadas anteriores moi boas”. Gustaríalles empurrar ao primeiro equipo para que regrese a terceira división pero ante todo o seu obxectivo é “pasalo ben e vivir o fútbol con deportividade”.


Festa concerto solidaria
A presentación oficial será este venres cun concerto con entrada de balde e recollida de alimentos non perecedoiros. Todos aqueles que acheguen alimentos entrarán nun sorteo de camisetas de xogadores míticos do club como Cortegoso, Comis, Gabo, Félix, Tomás Abelleira…


A música correrá a cargo de Picota FM, RMS, Chocolate Sexy e Síndrome do Norte que se volven xuntar logo de cinco anos para este concerto. Unha festa que rematará coa música do DJ portugués Destrokanov.

Hugo Pazos e Markos Lareira forman parte da peña Chokoslovakios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará