Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un condutor enfróntase á retirada do permiso de conducir por oitava vez

poli

O home foi sorprendido ao volante nun control na Avenida de Vigo en Chapela na madrugada do sábado e deu positivo en alcohol triplicando o permitido. Non foi a única alcoholemia nesa noite xa que outro condutor que foi sorprendido de madrugada durmindo na beiravía sobre a súa motocicleta en Cesantes tamén daría positivo e un terceiro foi sancionado polo mesmo motivo.

O primeiro, un veciño de Ourense de 55 anos que conducía un Audi A6 deu un resultado positivo de 0.89mg/l de aire espirado. Dáse a circunstancia de que a este condutor xa lle constaban ata 7 suspensións do seu permiso de conducir, sendo localizado novamente cometendo esta infracción nun dispositivo de alcohol e drogas feito na inmediacións da Alameda en Chapela xunto coa Policía Nacional. No mesmo control tamén se lle daría o alto a outro vehículo, cuxo condutor resultou sancionado de xeito administrativo tras dar un resultado positivo de 0.40mg/l.

O segundo investigado sería localizado durmindo na beiravía a bordo da súa motocicleta tendida sobre o chan, por unha patrulla da Policía Nacional na estrada N550  en Cesantes. Unha vez requirida a Policía Local para realizar as probas pertinentes, o seu condutor, un veciño de Vigo de 38 anos de idade, tamén daría positivo con un resultado de 0.66mg/l de aire espirado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará