Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reclama á Xunta que garanta o transporte escolar de Bacharelato e FP e anuncia mobilizacións

trnasporte floriani

A demanda dos IES Pedro Floriani e Mendiño, cuxas Anpas e equipos directivos veñen denunciando un ano máis que o transporte escolar deixa sen praza ao alumnado de Bacharelato, chegará ao pleno. O goberno local anuncia que na sesión ordinaria deste xove debaterase unha moción consensuada coas ANPAS solicitando á Consellería “que garanta o servizo de transporte escolar tanto para Bacharelato como para os ciclos de FP e Educación Infantil”. Nas próximas datas vanse convocar mobilizacións de protesta de non resolver a Xunta estas deficiencias.

A falta de prazas no transporte escolar deixa fóra deste servizo a alumnos de bacharelato dos parroquias de Reboreda, Portocabeiro e Vilar de Infesta no caso do IES Pedro Floriani, e de Cesantes, Cedeira e Quintela no caso do IES mendiño. Unha problemática que denunciaba nos nosos micrófonos a presidenta da Anpa do Pedro Floriani, Vanessa Pérez Mejuto.

Un problema que supón en moitos casos que rapaces e rapazas teñan que desprazarse a pé por estradas perigosas, sen beirarrúas e mal iluminadas no inverno, tal e como explicaba o director o IES Mendiño, José Antonio Martínez.

O Concello de Redondela, tras reunirse coas Anpas afectadas, comprometeuse a mediar ante a xunta e esixe que “se respecte a igualdade de oportunidades da mocidade e non se descrimine a aquel alumnado que  vive nas parroquias e que non conta cun transporte público alternativo para desprazarse ao instituto”. Tal e como acordaron coas familias o goberno local, segundo afirma a alcaldesa Digna Rivas, non descarta convocar mobilizacións de protesta se a Xunta de Galicia non resolve estas deficiencias. Neste sentido lembra que hai dúas semanas solicitaron unha reunión urxente coa Consellería de Educación para tratar este asunto “e aínda non temos resposta”.

Unha cuestión que se abordará tamén no pleno que se celebra este xoves no Multiúsos da Xunqueira e no que presentará unha moción consensuada coas ANPAS solicitando ao goberno galego “que se garantan os dereitos dos nenos e nenas á educación, considerando como esencial o servizo de transporte escolar, tanto para Bacharelato como para os ciclos de FP e Educación Infantil”. Na sesión plenaria deste mes buscarán o apoio do resto dos grupos para instar á Xunta de Galicia a que modifique a normativa actual “habilitando o transporte escolar e universal para todo o alumnado de 3 a 18 anos, sen restrición por distancia”. Por outra banda demandan á Xunta que “con carácter urxente modifique o horario do transporte regular adaptándoo ao horario escolar e aumentado o servizo se é necesario”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará