Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o prazo para inscribirse na II Carreira Contrarreloxo organizada polo CAR e o Concello de Redondela

car

O Club de Atletismo de Redondela celebra o seu XI aniversario coa II Carreira Contrarreloxo de Redondela. Equipos masculinos, femininos e mixtos participan nunha carreira que percorrerá o casco urbano o vindeiro sábado 23 de setembro a partir das 19:00 horas. O prazo de inscrición para poder participar nesta cita deportiva remata hoxe mércores. Inscricións aquí.
Os membros do CAR de Redondela queren celebrar o seu decimo primeiro aniversario cunha carreira que terá lugar este sábado. A II Contrarreloxo por equipos Concello de Redondela, organizada polo Concello en colaboración con CAR e o patrocinio de Rodavigo
Cun percorrido de 5000 metros a saída estará ubicada na Alameda e a meta situarase diante da Casa do Concello. Os atletas participarán nas categorías masculina, feminina e mixta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará