Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Anpa do Pedro Floriani denuncia problemas con trasporte e co Bacharelato de artes

trnasporte floriani

A falta de prazas no transporte escolar é un problema que se repite ano tras ano nos institutos de Redondela. Así o denuncia a presidenta da Anpa do Pedro Floriani, Vanessa Pérez Mejuto, quen explica que este ano a problemática teríase agravado porque se incrementou o número de clases e, polo tanto, hai máis alumnado que precisa deste servizo. Rapaces e rapazas que no caso de non contar con vehículo privado, teñen que desprazarse a pé por estradas que carecen de beirarrúas e  que supoñen un perigo para a súa seguridade.

Nenos e nenas de Reboreda, Portocabeiro e Vilar de Infesta son os que padecen este problema no IES Pedro Floriani, problemática que comparten co alumnado das parroquias de Cesantes, Quintela e Cedeira que se desprazan ao Mendiño.

Rapaces e rapazas que non teñen alternativa para se trasladar ao instituto “cursan bacharelato e non teñen dereito a praza no autobús escolar pero tampouco hai outro servizo de transporte do que poidan facer uso, o que os obriga a percorrer esa distancia ata o instituto en coche privado ou andando por estradas que carecen de beirarrúas e son perigosas”.

Venessa Pérez explica que a día de hoxe están a traballar para que se poña en marcha algunha liña interparroquial que dea solución a este problema “un servizo de autobús do que se poderían favorecer tamén o resto dos veciños estas parroquias que contarían así cunha forma de se desprazar ao centro”.

Con todo, non é o único problema co que se enfronta esta Anpa quen lamenta que o bacharelato de artes sega sen contar con unha clases específica “logo dun ano da súa implantación aínda hai moitas cuestión por resolver, entre elas o tema do espazo, xa que actualmente está nun aula de TIC sen espazo suficiente para facer as súas actividades”. Lembran que había un compromiso por parte da xunta de facer as obras para dotalos dun espazo específico para eles “pero as obras seguen en proceso de licitación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará