Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle 300 atletas para participar na III Carreira Popular Infantil

WhatsApp Image 2023-08-30 at 15.25.37

O Club de atletismo de Redondela, en colaboración co Concello, organiza a III Carreira Popular Infantil e a II Carreira Contrarreloxo por equipas. A probas celebraranse o 2 e o 23 de setembro, respectivamente.

A primeira competición, centrada nas categoría inferiores dende sub 8 a sub 18, conta con case 300 participantes, superando os datos do ano anterior.  O percorrido comezará ás 19:00 horas da tarde no Paseo Alfonso XII completando entre 50 e 2.300 metros dependendo da idade de cada participante. O presidente do CAR e membro da organización, Manuel Ulla, adianta que entre as deportistas que estarán presentes no circuíto podemos atopar a Sabela Martínez subcampioa de España Sub16 en 3000 metros, a Aroa Barbeito campioa galega de Sub16 en 1000 metros ou a Gael Couñago, membro do CAR, que posúe o título de campión galego Sub16 en salto de altura.

A organización continúa na mesma liña que o ano anterior porque, segundo Ulla, “cando algo está ben feito é mellor mantelo”. A intención é dar comezo a tempada deportiva e que este primeiro sábado de setembro sexa “unha gran festa do atletismo onde o público e a familia poida arroupar aos participantes e recoñecer o seu mérito”.

Unha vez rematada esta celebración en forma de competición amigable o CAR e o Concello de Redondela xa están preparando a proba contrarreloxo por equipas. Esta celébrase o 23 de setembro e está enfocada para persoas nadas antes do 2009. Aínda está aberto o prazo de inscrición e  as equipas deberán estar formadas por entre 4 e 6 compoñentes. O percorrido terá unha distancia de 5 Km que comezará no centro da vila e rematará diante do Concello, onde estará ubicada a meta. Dende a organización esperan superar os bos datos de participación do ano pasado e todo apunta a que van por bo camiño con 40 equipas xa inscritas.

Para máis información está a disposición o correo electrónico car.redondela@gmail.com e o número de teléfono 667 833 100.

Ficha de inscrición:

II Carreira Contrarreloxo por equipos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará