Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Circo Chosco

oh-pera-circo-chosco-allariz-circo-min

O Circo Chosco estará o sábado 12 de agosto na Alameda de Castelao ás 21:00 horas co seu espectáculo Oh-Pera. Mestura de teatro, humor e circo con equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma moi creativa. Un show innovador que achega ao público a unha dramaturxia onde os personaxes pasan por situacións divertidas, complexas e que lles leva a un bulebule de emocións que o público vivirá en primeira persoa. A evolución na relación dos personaxes vainos levar a situacións tan arriscadas como divertidas, coa música que acompaña en todo o espectáculo. Unha cita para públicos de todas as idades os personaxes parecen buscar o sentido da vida dunha forma divertidamente arriscada.

O circo Chosco é unha compañía de Galicia e Euskal Herria, e é xa un referente na mestura de humor e circo . Un humor sinxelo, sutil e para todos os públicos onde a conciencia social e a reflexión están moi presentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará