Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres novos puntos para o Pazos FS que se consolida nos postos altos da táboa

pazos

Na terceira división do Fútbol Sala o Pazos continúa sumando os partidos por vitorias, mentres que o Maramar pelexa por afastarse dos postos baixos da clasificación. Na preferente o Campito pola mínima en As neves.

Pazos FS 9-2 Outeiro de Rei

O equipo de Pazos gañou con solvencia ao Outeiro de Rei. 9-2 resultado dun partido con moitos goles a cargo de Costas(2) , Simón(2), Mariete, Luis, Aarón, Martín e Joni .

Para a semana viaxe curta a Vigo, onde enfrontarán nun novo derby co CD Beade FS. A priori encontro doado para o Pazos, segundo do grupo, que se verá as caras co penúltimo da clasificación.

Xove FS 9-1 Redondela Maramar

O Redondela Maramar nada puido facer ante o Xove, equipo que lidera a clasificación e que amosou a súa forza ante os redondeláns que caeron por 9-1. O Maramar, moi necesitado de puntos para afastarse da parte baixa da táboa, recibe na vindeira semana ao Vigo 2015

As Neves 5-4 Campito Chapela

En preferente o Campito caía pola mínima na súa visita ao campo das Neves.Na vindeira semana xogan na casa e reciben ao Baía Baitra, segundos da clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará