Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior denuncia beneficios fiscais á empresa encargada de reformar o tanatorio

tanatorio


Os nacionalistas critican que o goberno local aprobara en pleno recudir ao 95% o imposto sobre construcións á empresa que realizará a obra de transformación do velatorio en tanatorio. Un imposto que, lembran dende o BNG “ten que pagar todo veciño que pretenda construír unha casa ou establecer un negocio en Soutomaior. Non en tanto, cando a empresa está vinculada laboralmente cun concelleiro do goberno de Soutomaior, parece que existen privilexios”.
O voceiro municipal do BNG, Manu Lourenzo, afirmou que “logo de cotexar o proxecto con expertos do sector, confirman que o orzamento presentado pola empresa é ridículo, a ninguén se lle pasa pola cabeza que unha obra que no 2019 se valoraba en máis de 25.000 euros, agora se faga pola metade, 12.500 euros, co cal reduce tamén á metade o importe de taxas e impostos”.
Cualifican estes movementos de “fraude de manual”. Toda a veciñanza de Soutomaior ten que facer fronte ás súas obrigas de impostos “e resulta que unha empresa privada, con relación laboral cun concelleiro do goberno, non”. Aseguran os nacionalistas que se cambiou o regulamento para beneficiala “cobráselle un canon estipulando unha obra de 25.000 euros e agora, 4 anos despois, din que fan o mesmo por 12.500, pagan menos impostos e o canon mantense, verase o prezo final da obra e até que punto chega esta mentira da cal o goberno é cómplice” concluíu Lourenzo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará