Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sanción a Urbaser polas deficiencias da recollida do lixo nas parroquias

urbaser

Imaxe de arquivo cos colectores logo de días sen recollida do lixo

O pleno da corporación de Redondela aprobou na sesión de onte dar luz verde a un expediente de penalidades a Urbaser por non cumprir coas obrigas do seu contrato. Deste xeito o Concello sanciona con 650 euros á concesionaria da recollida do lixo polo deficiente servizo que presta nas parroquas, especialmente cando hai xornadas festivas, deixando sen recoller os colectores ata 5 días. O expediente comezou a tramitarse en 2020 por parte dos técnicos municipais e a empresa dilatou os tempos esgotando os prazos administrativos. O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, explica que son os técnicos os que definen a sanción como “leve”.

Alberto Álvarez, concelleiro de Medio Ambiente

Todos os grupos apoiaron o asunto, malia que non estivo exento de debate e polémica. O BNG cualificou a sanción de “anecdótica” pero sinalou que se trata dunha multa “simbólica”. Xoán Carlos González afirmou que así ponse de relevo que o Concello debe vixiar a labor das empresas concesionarias e sancionalas cando non cumpren coas súas obrigas

Xoán Carlos González, concelleiro do BNG

O conelleiro de AER Roberto Villar lamentou que o expediente “chege tarde” e que a multa sexa tan baixa “porque pola normativa a sanción é unha birria”.

Roberto Villar, concelleiro de AER

Os populares, que apoiaron tamén o trámite, cualificaron o asunto de “irrisorio”. Miguel Ángel Ballesteros lamentou que o goberno local “perda o tempo enredando con este tipo de asuntos no pleno”, e non leve a debate outras necesidades de Redondela.

Miguel Ángel Álvarez, concelleiro do PP

O grupo municipal popular abandona o pleno

Momento no que os concelleiros do PPdG abandonan o pleno

Unha vez rematada a orde do día da sesión os concelleiros do PP abandonaron o pleno acusando ao goberno local de “impedir que fiscalice” a labor do executivo que preside a alcaldesa Digna Rivas. O motivo foi a non inlución na orde do día dunha moción presentada polos populares no anterior pleno. Desde o goberno local explican que para a sesión deste mes o grupo popular “non presentou ningunha moción”, polo que se debatiron as que si estaban na orde do día. Un malentendido podería te sido a causa desta situación, ao entender os populares que non tiñan necesidade de volver a tramitar a moción por Rexistro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará