Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco cae en Santa Mariña malia adiantarse no marcador

choco

O Choco poñíase por diante nos primeiros minutos do partido con tantos de Félix e Álex Figueroa, pero o Gran Peña lograría darlle a volta ao marcador (2-3). O equipo, que continúa como colista na terceira división, xogará na vindeira semana, no campo do Silva equipo que se sitúa tamén nos postos baixos da categoría.

CD Choco 2-3 Gran Peña

Unha vez máis, o CD Choco non é quen de aproveitar a vantaxe de 2 goles a favor para facturar o tres puntos. Bo xogo realizado polos de David Pérez, pero sen premio xa que os tres puntos finalmente viaxarían para Vigo.

O CD Choco consciente do rival que tiña en fronte, un equipo moi rápido cando tiña a posesión do esférico, empezaría un pouco titubeante nos primeiros intres do partido. Pero en contra do predecible a sorte no inicio poríase do lado do Choco que na primeira chegada clara a por tería de César sería aproveitada por Félix para acadar o primeiro tanto do encontro. Tres minutos despois, no 11, sería Álex Figueroa quen remataría un balón nacido dunha xogada a balón parado quen subiría o segundo tanto choqueiro.

Predecíase unha tarde de tranquilidade e de xúbilo para a afección choqueira quen alentaría aos seus para seguir ampliando a vantaxe no marcador pois as ocasións seguían sucedendose no área rival, pero finalmente quedaron nun intento. Quen sí aproveitou as súas oprotunidades foi o Gran Peña que finalmente lograría chegar ao tempo de descanso co empate, con tantos de Manuel Fernández e Ju, nos 29’ e 34’ respectivamente.

Na segunda parte o Choco volveu a coller o dominio do esférico creando continuas ocasións sobre a portería de César, pero sería no minuto 81’cando nunha xogada sen perigo aparente, o balón bate contra un defensa choqueiro cae en pés de Rivera quen non faia e marca o definitivo 2-3 a favor do Gran Peña.

Complícanselle as cousas ao equipo redondelá para lograr a permanencia.

Ficha técnica:

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Anxo Vilas, Yago Vázquez, Juanma Justo, Comis, Félix, Álex Figueroa, Adri, Ube e Toni. Tamén xogaron Eli, Yoel Crespo, Caramés, Xián Castiñeiras e Diogo

Gran Peña CF: César, Gael, Piay, Ju, Martín, Sobrido, Xián, Rivera, Manu Baltar, Dela e Manu Fernández. Tamén dispuxeron de minutos Mario, Fernando e Brais.

Goles: 1-0 Félix Rial (8’), 2-0 Álex Figueroa (11’), 2-1 Manuel Fernández (29’), 2-2 Ju (34’), 2-3 Rivera (81’)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará