Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música para homenaxear a Antón Cabaleiro en Chapela

anton cabaleiro

O Centro Cultural de Cidadelle celebra este domingo o seu 15 aniversario cun festival no que se renderá homenaxe a Antón Cabaleiro, unha das voces do grupo de música tradicional Treixadura e tamén integrante do grupo Froles Mareliñas de Chapela, falecido o pasado mes de outubro aos 71 anos.

O acto arrancará ás 18.00 horas e actuarán o cantautor Tino Baz, o grupo de acordeóns Algareiros, o grupo de gaitas Os Beretes e o coro de música tradicional de Cidadelle. A entrada é libre e gratuíta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará