Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadoras do SAF piden a finalización do contrato coa empresa Os ventos e convocan unha manifestación

cur reunión saf

Reunión celebrada este luns na Casa da Cultura para informar da situación do SAF

A representante da CUT, Rebeca Porto valora moi positivamente a reunión celebrada este luns na que participaron todos os partidos políticos con representacións municipal así como diferentes colectivos sociais que se achegaron á Casa da Cultura para coñecer a situación das traballadoras “cunha precariedade laboral que lonxe de arranxarse vai en aumento”. Suman así apoios para a manifestación que desenvolverán o martes 24 con saída ás 19:00 horas dende o Centro de saúde de Redondela.

A precarización da situación laboral e unha deficiente atención ás familias usuarias “que quedan sen o servizo sen aviso previo ou ven como a persoas que debe atender aos seus maiores chega nunha hora ou nun día diferente ao concertado previamente” son as irregularidades que poñen sobre as mesa as traballadoras do Servizo de atención ao fogar (SAF) de Redondela.

A última irregularidade por parte da empresa concesionaria Os Ventos, tal e como denuncian dende a CUT chegou coa nómina de decembro “algunha traballadora atopou reducións no seu salario de 200, 300 ou ata máis de 500 euros, descontos que a empresa tentou xustificar alegando que se corresponden a unha bolsa de horas que a empresa nunca comunicou ou por non teren feito as horas correspondente ou por vacacións disfrutadas que non eran remuneradas, pero non imos permitir ese abuso”.

Un feito que empeora unha situación que dende hai meses é “insostible” e que levou xa a abrir un expediente de penalidades a empresa. Con todo, é un proceso “moi lento” que mantén unha precariedade laboral que as traballadoras non poden asumir polo que instan ao concello a tomar medidas máis drásticas “non podemos esperar ata setembro cando se remata o contrato coa empresa actual, entendemos que o concello ten que dar por finalizado a relación contractual coa concesionaria e que o concello asuma o servizo ata que se faga un novo concurso porque así non podemos continuar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará