Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe unha achega de 355.000€ para renovar o saneamento na Subida a Cidadelle

cidadelle

Os traballos permitirán mellorar as redes de saneamento e abastecemento neste camiño situado na parroquia de Chapela.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha importante achega de 355.465€ da Liña 1 do Plan Concellos para Redondela, que destinará ás obras de renovación das redes de saneamento, pluviais e abastecemento do Camiño Subida a Cidadelle, na parroquia de Chapela.

Na actualidade, tanto o citado camiño como as instalacións de saneamento, abastecemento de auga e rede de pluviais encóntranse moi deteriorados, producíndose frecuentes incidencias por roturas. Deste xeito, coas obras previstas con estes recursos do plan provincial, renovaranse os colectores de saneamento e pluviais, e abordarase tamén a mellora da rede de abastecemento. Esta renovación das instalacións, así como da capa de rodadura, comprende un tramo de aproximadamente 500 metros lineais. A execución do proxecto deberá ser compatible co servizo ás vivendas existentes.

A presidenta provincial, Carmela Silva, quixo destacar o investimento “fundamental” que están a realizar os concellos da provincia na renovación destes equipamentos e tendo en conta especialmente o aspecto medio ambiental, coa substitución dos maioritarios materiais de fibrocemento “que son moi contaminantes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará