Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CUT reúne a organizacións e partidos políticos para informar da situación do Servizo de Atención ao Fogar

saf

As traballadoras do SAF levan varios meses de mobilizacións

O sindicato convoca unha xuntanza hoxe luns ás 20:00 horas na Casa da Cultura co obxecto de informar as organizacións sociais do concello así como aos partidos políticos do deterioro do servizo en mans da empresa concesionaria Os Ventos. Neste sentido tamén teñen convocada unha manifestación para o vindeiro 24 de xaneiro.

A CUT asegura que continúan os incumprimentos do convenio por parte da empresa concesionaria do servizo, o que supón prexuizos para as traballadoras, con atrasos nos pagos das nóminas ou non incluír o tempo de desprazamento á hora de computar as súas xornadas laborais, e incumprimentos tamén coas persoas usuarios que quedan sen servizo ou son atendidas cada día por unha traballadora o que supón que o persoal descoñeza a súa problemática. Unhas situacións que teñen denunciado de xeito recorrente sen que haxa avances na súa resolución polo que teñen previsto realizar unha gran mobilización de cara a última semana de mes.

Previamente hoxe convocan as organizacións sociais e partidos políticos para informarlles dos motivos da protesta que busca “protexer e defender os dereitos dos nosos maiores e as traballadoras do Servizo de Atención no Fogar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará