Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos de Borbén FS non coñece a derrota no seu campo

pazos

O equipo de Pazos na terceira división lograba esta fin de semana unha nova vitoria na casa, nesta ocasión cun contundente 6-2 ante o Culleredo. Unha vitoria que contrasta coa derrota do Redondela Maramar por 5-1 ante o Carballiño. Tamén na preferente derrota para o Campito Chapela ante o Gondomar.

Pazos de Borbén 6-2 Sport Sala

Novos tres puntos para o Pazos de Borbén ante un Sport Sala Culleredo que pelexou o partido. Bo inicio para os vermellos que se puxeron 2-0 e dispuxeron de varias ocasións para chegar cun resultado máis cómodo ao descanso pero un inspirado porteiro, explican dende a Sociedade Deportiva Pazos, impediu que o gol chegara a materializarse. Na Segunda parte os coruñeses apostaron polo xogo de cinco e crearon moitos problemas, onde apareceu Lolo para evitar que se achegasen no marcador. O marcador final 6-2 e tres puntos para seguir nun meritorio segundo posto. Para a semana último partido do ano 2022, con visita ao 5 Coruña. Salientan dende o Pazos os bos resultados acadados no seu campo, xa que pechan o ano sen derrotas no Municipal de Pazos e agradecen o apoio da súa bancada.

Carballiño 5-1 Redondela Maramar

Peor lle foron as cousas ao FS Redondela que caeu na súa visita ao campo do Carballiño. Será na vindeira a semana cando despidan a tempada antes do parón de Nadal ante o Distrito Ventorrillo, quinto do grupo.

Coperfi Cereixa Gondomar 1-5 Campito Chapela

Mal resultado para o equipo de Chapela que na vindeira fin de semana recibe ao segundo clasificado, o equipo Cidade das Burgas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará