Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campamento de conciliación en Soutomaior na última semana do ano

espazo concilia

O “espazo concilia” funcionará os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 9 a 14 horas coa posibilidade de entrar ás 8 e saír ás 15 horas. O campamento vai dirixido a crianzas de 3 a 12 anos empadroadas no Concello de Soutomaior e conta con obradoiros lúdicos educativos, baixo unha perspectiva de promoción da igualdade de oportunidades para mulleres e homes.

Espazo Concilia, explican dende o Concello de Soutomaior, é un  programa de intervención comunitaria que se desenvolveu por primeira vez no verán do 2020, centrado na conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos das crianzas na escola. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias do Concello e promover actividades de igualdade que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico, favorecendo a reflexión tanto individual coma grupal dos comportamentos igualitarios que se esperan da cidadanía que ven compoñer o futuro, fomentando a tolerancia e a solidariedade entre todas as persoas participantes.

A inscrición neste programa da Concellería de promoción do emprego e igualdade, está aberta ata o xoves 15 de decembro a través da páxina web do Concello ou ben chamando por telefono ao Centro de Información da Muller. A asignación das prazas realizarase por rigoroso orde de inscrición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará