Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma en Defensa da Enseada esixe que se paralice o almacenamento de coches en Rande

camións n552

Os camións que acceden ao cargadoiro teñen que invadir o carril contrario da N-552

Explica o colectivo que esta actuación da Autoridade Portuaria de Vigo non conta coas autorizacions regulamentarias para a súa posta en funcionamento e lembran que o Pleno do concello xa se manifestou en contra da realización deste tipo de actividades no antigo cargadoiro de granito. Alertan ademais do risco que provocan as manobras de xiro que fan os camións na N-552, invadindo o carril de dirección contaria nun tramo de pouca visibilidade.

O denominado Peirao de Pedra na enseada de San Simón converteuse o pasado 2 de decembro nunha terminal de vehículos procedentes de Stellantis. Unha nova actividade portuaria de estacionamento que rexeitan dende a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, entre outras cuestións, por non contar “coas autorizacións sectoriais regulamentarias para a súa posta en funcionamento, entre outras a do propio Concello”.

Alertan das grandes molestias que a veciñanza padece debido aos continuos ruídos ocasionados polo tránsito de camións -como xa acontecera no pasado mes de maio cando este espazo se emrpegara como almacén de colectores- e apuntan tamén que esta actividade de estacionamento de coches engadiu un maior risco de accidentes “porque a instalación portuaria carece de acceso regulamentario sendo inapropiado para camións especiais de transporte de coches que alcanzan lonxitudes de ata 20 metros”.

Antonio Lores, presidente Plataforma da Enseada

De feito, apuntan que estes camións vense obrigados a realizar manobras de xiro na saída desde o Peirao da Pedra á estrada N552, infrinxindo gravemente as normas de tráfico porque a súa lonxitude require invadir o carril da dirección contraria nun tramo de pouca visibilidade pola existencia dunha curva. Un risco tanto para condutores que usan esta estrada como para os peóns que circulan pola beiravía debido a que non existen na zona beirarrúas e na proximidade hai un centro de ensino que tamén orixina intenso tránsito de transporte escolar.

Ante todo isto, reclaman unha “actuación inmediata do Concello baseada na aplicación da legalidade” así como instar á Autoridade Portuaria de Vigo para que retire, de forma ordenada e sen riscos, os coches xa estacionados no Peirao da Pedra.

Finalmente solicitan dende a Plataforma unha reunión coa alcaldesa, Digna Rivas, co obxecto de abordar esta problemática.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará