Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Maramar leva o derbi

REdondelaPAzosDErbi

Terceira División

Redondela Maramar 3-1 SD Pazos de Borbén

Vitoria do equipo de Javi Santos ante os veciños da SD Pazos de Borbán Futsal. Un gran espectáculo de fútbol sala na pista da Marisma e tamén nas gradas, ateigadas de seareiros dos dous conxuntos. O Redondela Maramar non aforrou esforzos, e desde o minuto 1 buscou facerse co partido. Gran papel de Juan Puertas, que levou ao equipo a sumar a súa primeira vitoria da tempada. E fíxoo nun encontro con moita emoción, e no que o Pazos, firme candidato aos postos altos da táboa, cometeu moitos erros. Chegaron ao último minuto con empate 1-1 no marcador, con gol de Mario Paz e un autogol do Pazos noso para o FS Redondela. A falta de 46 segundos os de Santos anotaron o 2-1 e sumaron o 3-1 definitivo sobre a bucina.

Mención especial merecen ás afeccións de ámbolos equipos, que non deixaron de animar e ofreceron todo un espectáculo nas gradas.

É a primeira vitoria da temporada para o Redondela Maramar, e sérvelle para abandonar o pozo da táboa e poñerse 13º na táboa. Esta fin de semana xogan en terras coruñesas ante o Sport Sala de Culleredo, co que están empatados a puntos.

O conxunto de Fran Amoedo, que agora á 3º, recibirá a outro equipo coruñés, o Ventorrillo, que é 4º na táboa.

Preferente

Consorcio Os Peares 9-2 Campito

Os de Chapela tiñan unha cita moi complicada en terras ourensás, e nada puideron ante un Consorcio Os Peares que segue no alto da táboa, só por detrás do Baíña. O Campito caeu goleado, o que o deixa na 11ª posición da táboa. Esta fin de semana reciben en Chapela ao Marín, equipo que precisa tamén os puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará