Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As tropas invasoras chegan a Redondela

rande batalla

A celebración da batalla de Rande vivirá o seu programa principal os días 22 e 23 de outubro nas inmediacións do Meidande. Unha programación que inclúe actividades variadas, gastronomía, obradoiros, representacións teatrais, fogos de artificio, música dos Carunchos e un “anuncio sorprendente” que a organización no quere desvelar. Tamén se poden reservar as visitas guiadas en barco pola Enseada de San Simón. Para ir abrindo boca, este sábado a partir das sete da tarde as tropas sorprenderán aos viandantes que anden polo centro da vila.

Un espectáculo itinerante nas rúas do casco urbano no que participarán numerosos actores que, ataviados coa indumentarias das escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa, protagonizarán diferentes escenas de combate. Predo Otero é o presidente da Asociación Deportiva e Cultural de Rande, organizadora do evento xunto co Concello de Redondela.

Xa a vindeira fin de semana e nas inmediacións do Meirande terá lugar a representación nunha xornada intensa que confía en repetir éxito das edicións prepandémicas “cando se xuntaban no lugar máis de seis mil persoas ao longo do día”. Unha xornada que chega ademais con sorpresa incluída.

O sábado 22 de outubro, a partir das 11 e ata as 20:30 horas Meirande converterase nun mercado tradicional no que atoparemos obradoiros tradicionais de alfarería, lacrado e acuñación de moedas e escritura antiga así como actividades para cativos e cativas cun prezo de 3 euros e teatro tradicional infantil. A Teatralización da Batalla de Rande coa obra ‘Navíos baixo o lume” e a Representación naval da batalla con Pirotecnia, serán outras das citas obrigadas do día.

O domingo 23 despídese o evento repetindo os obradoiros, a teatralización, o desfile e as visitas guiadas pola Enseada de San Simón (saíndo tamén dende Meirande).

A alcaldesa, Digna Rivas, salientou como novidade “o peche da celebración do 22 de outubro cun concerto a cargo dos Carunchos a partir das 21:000 horas” e fixo referencia ao “gran traballo que fai a asociación deportiva e cultural de Rande durante todo o ano para que esta conmemoración sexa todo un éxito”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará