Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos segue vivo na Copa Galicia de Fútbol Sala

PAzosSAlaOurense

O conxunto de Fran Amoedo superou na eliminatorio ao Sala Ourense. Menos sorte tivo o Redondela FS que quedou eliminado ao perder ante o Leis Pontevedra.

SD Pazos 5-3 Sala Ourense

O equipo de Fran Amoedo superou outra rolda de Copa Galicia tras vencer 5-3 ao Sala Ourense nun gran encontro . Os dous equipos buscaron a vitoria dende o primeiro minuto e ofreceron un gran espectáculo aos afeccionados. Os goles locais foron de Diego(2) , Mario Paz (2) e Mariete . Na seguinte rolda mediranse ao IES Coruxo , todo un Segunda B . En principio o partido está marcado para o 12 de outubro, festivo da hispanidade .

Redondela FS 4-8 Leis Pontevedra

Os de Pontevedra superaron aos redondeláns nun encontro algo máis disputado do que podería facer pensar o marcador (4-8). O Redondela plantou cara pero os da capital do Lérez demostraron a súa superioridade na pista da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará