Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A II Carreira Popular Infantil reúne este sábado a 277 pequenos atletas no centro da vila

carreira

As rúas do casco urbano coverteranse este sábado a partir das 20:00 horas nunha pista de atletismo que acollerá a II edición da Carreira popular infantil de Redondela, organizada polo Concello e a Asociación deportiva C.A.R. Unha proba na que competirán nenos e nenas das categorías sub 8 (desde os 3 anos de idade) a sub 18. A distancia a percorrer na carreira vai desde os 50 metros para os máis pequenos, ata os 2.500 metros para os de 17 anos de idade.

Dende o club de atletismo amósanse sorprendidos polo éxito das inscricións que, explica o presidente do CAR, Manuel Ulla “amosa o tirón que o atletismo ten entre os máis cativos”.

Manuel Ulla, presidente CAR

Salientan tamén o inclusivo deste deporte “onde a participación de nenos e nenas está en torno a un 60/40, con cada vez máis rapazas a apuntarse nesta modalidade.

 A saída da carreira será na rúa Alfonso XII e as probas comezarán ás 20.00 horas. Detrás moitas semanas de traballo e tamén diferentes servizos involucrados como Protección civil e Policía Local para garantir a seguridade en todo momento. Ulla quere tamén poner en valor a “imprescindible colaboración que de  xeito altruista fan país e nais do Club para que todo saia perfecto”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará