Hoxe é Luns 13 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco lanza a campaña de abonados con premio

ChocoAbonos

O club redondelán mantén os prezos da pasada campaña e os cen primeiros en recoller o seu carné nas oficinas do club recibirán un agasallo.

O CD Choco lanza a campaña de abonados da Tempada 22-23. E o fai mantendo os prezos da temporada pasada. Ademais este ano o abono servirá no só para ver ao equipo de Terceira Nacional sen pasar pola billeteira, senón tamén para asistir aos do Xuvenil A e o Cadete A, que esta tempada compite en División de Honra. O prezo do abono individual é de 80€, con posibilidade de facer un abono familiar de até catro membros; carné sub- 25 (18-20 anos) 20€, carné solidario para desempregados ou xubilados 60€, e por último o de Simpatizante 20€ co que obterán un desconto do 50% en partidos de Liga Regular.

Tódolos abonados do club poderán retirar o carné de socio en horario de 17.30 horas a 20.00 horas nas oficinas do club. As novas altas faranse de maneira telemática na páxina www.clubdeportivochoco.com.

O CD Choco premiará aos cen primeiros que renoven ou dean de alta o carné e retiren o abono nas oficinas do club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará