Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Bandeira Concello de Redondela complica a liga a Bueu

remoCEsantes4

Na regata disputada onte da LGT A viviuse unha xornada de moitas sorpresas e Bueu perdeu o liderado. Sametolaméu fíxose coa XXXVI Bandeira Concello de Redondela e púxose na xeral por diante dos de Bueu con tan só 1 punto de marxe. Os anfitrións de Cesantes-Rodavigo foron cuartos, e Chapela-Wofco tivo que conformarse coa 12ª posición logo dun erro nunha das viradas.

Moita emoción na LGT A para a última xornada. Bueu-Teccarsa tiña o título na man con cinco puntos de vantaxe na clasificación xeral, pero onte foi sétimo en Ceantes, o que os relegou ao segundo posto na xeral. Rianxo foi segundo na XXXVI Bandeira Concello de Redondela e Mecos terceiro. Cesantes-Rodavigo, organizador e anfitrión, acadou un excelete cuarto posto. O vento foi protagnista da xornada, con máis forza na terceira serie. Na tanda dos favoritos os catro barcos (Samertolaméu-Oversea, Bueu-Teccarsa, Tirán-Pereira e Chapela-Wofco) se viron afectados. No caso de Chapela a traiñeira fallou nunha das viradas e tivo que rectificar, o que relegou ao 12ª posto.

Queda unhaa última regata o vindeiro sábado no Trofeo Bandeira Teresa Herrera. Bueu-Teccarsa e Samertolaméu-Oversea pelexarán por facerse coaa Bandeira da Xunta 2022, porque o punto de vantaxe para os de Moaña non garante nada, e o máis rápido faras eco título.

Liga Galega Feminina

No porto de Aguiño disputouse onte a III Bandeira Feminina Concello de Ribeira, con vitoria para Cabo da Cruz,q ue volveu superar a Chapela-Wofco. Amplían así distancia na xeral, que xa é de 5 puntos. Unha diferencia que, malia ser grande, aínda non lles garate o título de liga polo que a traiñeira de Chapela “seguirá na pelexa ata o final”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará