Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta guiada polo Pexegueiro para coñecer o patrimonio material e inmaterial

pexegueiro

Coñecer o patrimonio material e inmaterial que hai detras dos camiños que percorren as parroquias de Redondela é o mellor xeito de poñer en valor estes lugares que poden ser, ademais dun espazo de ocio, unha alternativa para nos desprazar por vías afastadas do tráfico, o ruído e a polución. A cita este venres sairá ás 20:00 horas dende a rúa da Pantalla.

O Obradoiro de Estudos locias Fernando Monroy e o Concello están detrás neste caso da recuperación, limpeza e acondiconamento da ruta do Pexegueiro polas parroquias de Cesantes e O Viso. Para dar a coñecer este roteiro, as persoas que o desexen poden participar este venres nun roteiro que contará coas explicación do guía Alvaro Diego Fuentes, quen achegará información sobre o patrimonio natural e etnográfico da zona, con referencias aos diferentes elementos que atopamos neste percorrido como muíños, petos de ánimas, lavadoiros..

Alvaro Diego fálanos dos atractivos desta ruta

Un patrimonio rodeado de historias e lendas cuxo coñecemento permite tamén unha maior vinculación co territorio polo que “é importante tamén completar as explicacións facendo referencia a todo ese patrimonio inmaterial que rodea o territorio”.

O acondicionamento destes e doutros roteiros supuxo tamén sorpresas desagradables com o feito deque apareceran vertedoiros. Entende Diego FUentes que tamén estas saídas así como as que durante o curso fixeron co alumnado dos  centros educativos serva para sensiblizar contra estas prácticas

Para a realización da actividade é preciso levar calzado cómodo. A saída será mañá venres ás 20:00 horas cunha duración aproximada de 2 horas. O punto de encontro será na rúa A Pantalla (fronte ao Bar Torres) . A actividade é de balde. Máis información no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará