Hoxe é Venres 1 de Xullo de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As xuvenís do CCD Cesantes-Rodavigo acadan praza no Campionato de España

281622349_2339494716189481_5916719077879259565_n

Esta fin de semana celebrouse o Campionato Galego de Traiñeiras, no que o equipo xuvenil feminino de Cesantes logrou clasificarse en segunda posición. Agora están preparándose para o Campionato de España de Traiñeiriñas 2022 que se celebrará a fin de semana do 28 de maio.

Acadar o segundo posto é un logro do que a súa adestradora, Iria Rivero, está especialmente orgullosa. Esta é a primeira tempada na que o equipo xuvenil feminino logra consolidar a canteira e presentarse os campionatos.

Segundo a adestradora, aínda que o equipo non teña experiencia loitaron contra as rivais a un nivel equiparable. “O equipo é moi novo, algunhas das rapazas levan remando 6 meses e loitando por manterse nos campionatos. Algo que considero de moito valor”, engade Iria.

“Este equipo e moi novo”, aclara a adestradora.

Iria Rivero está convencida de que o seu equipo pode chegar a final do Campionato de España e aclara que “nun campionato deste nivel non podes saber o que vai a pasar porque cada campo de regata varía moito, pero teño plena confianza no noso equipo”.

“Chegar o campionato e ser a súa adestradora é un orgullo”, engade a técnica.

Iria anima a que as rapazas se apunten a probar este deporte. Segundo a adestradora, “non se precisan requisitos, simplemente actitude para enfrontarse a un deporte esixente”. Para ela “o bonito é ver que calquera pode desfrutar do remo, sexas home ou muller”.

“É un deporte duro pero se desfruta”, conta Iria.

A técnica ábrese a contar as súas experiencias persoais como muller no mundo do deporte e lembra “participar en asociación e ir a concentracións para pedir que deixaran competir as mulleres nas competicións de remo”. Ata fai 14 anos non estaba permitido a participación de equipos femininos. O primeiro campionato de España onde participaron mulleres foi en 2008 no País Vasco.

“ O primeiro campionato español de traíñas de mulleres foi no País Vasco “, conta Rivero.

Aclara que o remo sempre foi un deporte moi machista, pero que pouco a pouco está cambiando. “Aínda que as mulleres teñan moitas veces circunstancias máis complicadas e  a sociedade dificulte a aportación feminina no deporte, hai mulleres que conseguen adestrar con regularidade”

 “En calquera deporte debería haber moitas máis mulleres”, explica Iria.

O equipo Xuvenil feminino enfrontase  o LXXV Campionato de España de Traiñeiras 2022 en augas de Bueu. Celebrarase o sábado 28 ás 18h e o domingo 29 a partir das 10:30h. Podes seguir os resultados a través das redes sociais e animamos a xente a acudir a esta cita tan importante para o remo e o Club de Cesantes.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará