Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Conservatorio sae á rúa

conservatorio

Rematadas xa as clases, o alumnado do Conservatorio de música Victor Ureña ofrecerá durante as vindeiras xornadas diferentes concertos con protagonismo para as especialidades que se imparten neste centro educativo. A primeira das citas este este mércores na rúa Casto San Pedro cun concerto a cargo do alumnado de corda, coro e percusión que se desenvolverá ás 19.30 horas. O xoves quenda do Chouque Big Band na casa da Torre as oito da tarde e o venres un conxunto de clarinete e saxofón ofrecerán a súa música ás 20:00 horas na praza da Constitución.

Pechará a semana un concerto na Casa da Torre o sábado tamén ás oito.

Xa no mes de xuño hai varias actividades previstas. Arrancarán o domingo día 5 cunha actuación de clarinete e saxofón en sesión vermú. Será ás 12:30 na praza da constitución. O sábado 11 soará o piono acompañando a Chouque Big Band na Alameda e pechará o programa de actuacións un novo concerto da banda de música do conservatorio domingo 12 ás 12:30 na praza da Constitución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará