Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Moción conxunta de AER e BNG para que o Porto de Vigo desmantele o recheo do Peirao da Pedra de Rande

peirao pedra

Fonte IGN

A Agrupación de Electores e o Bloque de Redondela presentarán no Pleno do xoves, 26 de maio, unha moción na que solicitan que a Autoridade Portuaria de Vigo paralice a actividade industrial nos terreos coñecidos como Peirao da Pedra e se proceda ao desmantelamento e retirada deste recheo ata antiga liña de costa, coa finalidade de recuperar as correntes mariñas naturais da Rede Natura 2000 Enseada de San Simón perdidas cos recheos realizados nos anos 90.

Tal e como recolle o documento, “nas últimas semanas, estanse alamacenando contedores neste espazo, coa posibilidade de convertelo en almacén de ferralla e reparación de barcos”, o que pon en grave risco o “xa de por si difícil equilibrio medioambiental dun espazo tan singular como o Estreito de Rande”.

Ante esta situación, ambos grupos piden que se parealice esta actividade e que o goberno de Redondela se dirixa de xeito inmediato á Xunta de Galicia, Portos do Estado e Ministerio para a Transición Ecolóxica e do Reto Demográfico, para que insten á Autoridade Portuaria de Vigo ao desmantelamento e retirada deste recheo ata antiga liña de costa, coa finalidade de recuperar as correntes mariñas naturais da Rede Natura 2000 Enseada de San Simón perdidas cos recheos realizados nos anos 90.

Consideran, ademais, que “a caducidade da anterior concesión abría a posibilidade de que estes terreos, uns 40.000 metros cadrados, puideran ser recuperados para potenciar as actividades pesqueiras e marisqueiras artesanais e de proximidade”. Finalmente, non só non foi así, senón que asistimos -continúa a moción- “a un novo proceso industrializador na zona que vai levar aparellado un intenso movemento de tráfico pesado, verteduras, ruídos e po en suspensión”.

Ante o negativo impacto para supón a actividade industrial para os veciños e veciñas de Rande, o texto da moción solicita tamén que o Concello realice actividades periódicas de vixilancia, control urbanístico e medio ambiental das actividades portuarias do Porto de Vigo no termo municipal de Redondela e pide dar traslado deste acordo aos distintos grupos políticos con representación no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados; así como á Autoridade Portuaria de Vigo, Xunta de Galicia, Portos do Estado, e Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará