Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre o prazo para se inscribir nos campamentos de conciliación de verán

verán con simona

O concello oferta 280 prazas para o mes de xullo e 200 en agosto. O programa, organizado pola concellería de Igualdade, desenvolverase nos colexios das parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela e Reboreda. En Redondela a actividade desenvolverase nas instalacións do conservatorio Victor Ureña. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 3 de xuño.

A concellería de Muller e Igualdade abre hoxe o prazo de inscrición para o programa Verán con Simona que busca facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, ao tempo que os rapaces poden gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival. A actividade é de balde, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

Mantense, como xa acontecera o ano pasado, a posibilidade de se inscribir por quincenas, en lugar de facelo por meses enteiros. Unha novidade que se aplicara o pasado ano e que busca que participen un maior número de menores e que se atendas as necesidades de conciliación de máis familias.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes adxudicaranse as prazas segundo o

nivel de ingresos e a situación laboral da unidade familiar, outorgando praza por orde inverso á

magnitude dos ingresos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará