Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Pazos amosan a súa disposición a ceder terreos para mellorar a estrada Amoedo-Os valos

amoedo-osvalo

As persoas afectadas polo tramo 4 do proxecto de mellora da EP-2702 maniféstanlle á Plataforma a súa plena disposición a ceder os terreos precisos para a súa ampliación. A Plataforma reclámalle ao Concello e Deputación celeridade e entendemento para comezar as obras o máis antes posible.

Membros da Plataforma pola Mellora da EP-2702 estiveron contactando nos dous últimos meses coas persoas afectadas polo tramo 4 do proxecto de mellora desta vía provincial, tramo que vai dende o cruce da igrexa de Nespereira a Os Valos. A Plataforma tomou a decisión de realizar este traballo logo de que a Deputación trasladara que non podía agardar máis e se dispoñía a iniciar as obras que, ao non dispor dos terreos, se limitarían á mellora do firme.

A pesares de que é un traballo que lle correspondía facer ao Concello, ante o perigo de que non se ampliara e mellorara o trazado da vía, a Plataforma decidiu poñerse mans a obra e contactar coas persoas afectadas para solicitar a súa colaboración. En apenas dous meses de traballo conseguiuse contactar coa práctica totalidade dos propietarios, amosando todos eles a súa plena disposición a ceder os terreos. As demandas a cambio destas cesións son peticións, ao entender da Plataforma, totalmente razoables e sen apenas custo: que se adopten medidas para que non se desprenda a terra nos taludes, facilitar accesos ás propiedades ou que se poña a súa disposición a madeira que se corte.

A Plataforma dirixiuse a Concello e Deputación para dar conta destes avances, pon a disposición destas institucións o traballo feito e reclámalle ao Alcalde que se poña a traballar xa. Ao entender da Plataforma, a Andrés Iglesias acabáronselle as escusas: hai plena colaboración por parte dos afectados e poñer os terreos do tramo 4 á disposición da Deputación sáelle gratis ao Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará