Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous homes en Redondela por diferentes casos de violencia de  xénero

poli local

A policía local de Redondela tivo que intervir esta semana en dous casos, o pasado luns e na madrugada de onte xoves, tras detectar indicios de violencia machista. Os presuntos autores foron detidos e trasladados a Comisaría de Vigo.

Dous homes foron detidos en Redondela ao longo desta semana por diferentes casos de violencia de xénero. O primeiro producíase o pasado día 28 cando unha muller, veciña de Chapela, comunicaba ao 091 que a súa exparella, a quen lle constaba unha orde de afastamento por un delito de malos tratos no ámbito familiar ditado polo Xulgado de Túi, estaba no seu domicilio. Unha vez no lugar os axentes da Policía Local procederon a deter ao home de 47 anos de idade e ao seu traslado a comisaría.

O segundo dos casos tiña lugar a unha da madruga de onte. Eran os veciños da zona de Santa Mariña os que daban aviso á Policía Local da presenza dunha parella que estaba a discutir acaloradamente no interior dun vehículo na vía pública. Interceptado o vehículo e malia que a muller negaba o maltrato, tras entrevistarse coas partes implicadas e detectar lesións no corpo da muller, procedeuse a detención do home por un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladado tamén á comisaría.

Lembramos que as vítimas de violencia machista teñen a súa disposición ás 24 horas o teléfono 016 e o número de WhatsApp 600 000 016 que non deixa rastro na factura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará