Hoxe é Mércores 18 de Maio de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o ciclo Mestre Mateo coa proxección no Multiúsos de “O gran Camiño”

gran camiño

A proxección de ‘O Gran Camiño’ este sábado 2 de abril, ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira, será a encargada de abrir o programa de proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. O Concello Redondelán adhírese así á iniciativa impulsada pola Academia Galega do Audiovisual e apoiada polas catro deputacións que permite achegar á veciñanza o máis destacado do audiovisual galego actual.

A razón unha proxección ao mes –agás xullo e agosto– o Ciclo Mestre Mateo permitirá á veciñanza gozar das películas finalistas dos premios do audiovisual galego Mestre Mateo, galardóns que destacan as obras de maior calidade na produción audiovisual durante o ano.

“Redondela non podía permanecer ao marxe dunha iniciativa cultural de calado como a que representa o Ciclo Mestre Mateo”, afirmou hoxe a alcaldesa Digna Rivas quen pon en valor o feito que este ciclo de proxeccións “permite á cidadanía acceder a unha programación cultural de calidade, que favorece o achegamento á nosa cultura e ao noso idioma a través do audiovisual”.

As próximas proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, cuxos títulos daranse a coñecer á medida que se aproximen as datas, están previstas para os sábados 23 de abril e 21 de maio, domingo 26 de xuño e os sábados 17 de setembro, 22 de outubro, 19 de novembro e 3 de decembro. Todas as proxeccións terán lugar no Multiúsos da Xunqueira en horario de 19:30 horas.

O Gran Camiño

O Gran Camiño, dirixido por Alba Prol e Raúl García, narra a súa experiencia percorrendo as grandes rutas a pé do mundo: o Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo en Xapón e o Camiño de Santiago europeo. Unha viaxe de miles de quilómetros que trata temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio, os conflitos sociais, a espiritualidade ou o coidado do noso planeta.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará