Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior instala un punto lila contra a violencia de xénero no peirao de Arcade

punto lila

Trátase dun punto de información e atención especializada para a prevención do acoso e a violencia sexual durante a próxima celebración da XXXIV Festa dá Ostra de Arcade. Nel, dous profesionais informarán e sensibilizarán os visitantes fronte ás agresións contra as mulleres.

Os horarios de apertura tentan adaptarse ao lecer e a presenza de persoas na contorna con motivo da cita culinaria. Así, o venres 1 de abril o punto abrirá as súas portas de 19 a 23 horas, o sábado día 2 de 11:30 a 14:00 e de 16 a 23 horas e o domingo 3, día grande da celebración, abrirá ininterrompidamente de 12 a 21 horas.

O novo punto lila tamén contará cun espazo reservado para mulleres lactantes e os seus bebés. Nel, poderán atender ás necesidades dos seus pequenos con total privacidade e nun espazo perfectamente habilitado.

O alcalde, Agustín Reguera, explicou que o equipo de goberno quere así mostrar o seu apoio e loita en defensa das vítimas da violencia machista. Ademais, con esta iniciativa preténdese a prevención do acoso e violencia sexual durante as celebracións e momentos nas áreas de lecer, porque dixo “as grandes celebracións sempre son máis proclives a esta clase de incidentes porque os agresores aproveitan para esconderse entre a multitude. Este novo punto servirá para activar en escasos minutos os protocolos de acoso ou agresión, o que axudará a ter unha Festa dá Ostra máis segura para todas as mulleres”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará