Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tradición e innovación pesqueira desde Redondela para o mundo

Eurored3

O Grupo Eurored conta con máis de 45 anos de experiencia no deseño e elaboración de artes de pesca e produtos para a acuicultura. Desde Redondela apostan pola investigación e innovación e son líderes europeos con produtos sustentables e seguros. Sara Alcázar, responsable de comunicación da empresa, explica que o obxectivo é facer produtos respectuosos co medio, biodegradables e “intelixentes”, que melloren a eficacia e eficiencia da pesca, evitando os descartes.

Sara Alcázar, responsable de comunicación de Eurored

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta semana as novas instalacións do grupo en Redondela e puxo a esta firma como exemplo “de tradición e innovación” cos servizos que ofrece ás frotas de arrastre, cerco, baixura e palangre, así como ao sector da acuicultura.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, sitúa a Eurored como un referente de “tradición e innovación”

Tamén forma parte da iniciativa Saretu, impulsada polo Goberno vasco e coordinada polo centro tecnolóxico AZTI. No marco deste último proxecto xurdiu un sistema de recollida, acondicionamento e reciclaxe de redes de pesca descartadas co fin de elaborar produtos como viseiras ou mochilas.

A empresa está comprometida coa sustentabilidade e participa nun proxecto de reciclaxe de redes

As instalacións de Grupo Eurored en Redondela, con 60 empregados, constan dun centro de produción e almacén de 14.500 m², oficinas, un centro de formación e unha sala técnica. Entre os proxectos nos que participan está a plataforma atlántica de reparación e mantemento de buques, Vigo Ship Repair, constituída por máis de 20 socios da ría de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará