Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa do remo en Chapela co Memorial Paco Fenosa

RemoChapelaPacoFenosa

A traiñeira feminina do CR Chapela fíxose co título do Memorial Paco Fenosa, e Cabo da Cruz gañou na categoría masculina. En veteranos o primeiro lugar foi para o CCD Cesantes.

Fermosa xornada de remo en augas de Arealonga, toda unha festa para esta disciplina na que participaron un total de 32 traiñeiras con 448 remeiros.

Os deportistas de Chapela impuxéronse na casa, onde a traiñeira feminina dominou totalmente a proba da súa categoría na regata disputada no paseo de Cardona. As mozas de Arealonga bateron por 47 segundos a Tirán Pereira e confírmanse como un dos barcos candidatos a imporse na liga Galega.

Na categoría masculina os de Chapela foron quintos, por detrás de Cabo da Cruz e Ares, os dous barcos da ACT, e Samertolameu que foi a máis forte da liga Galega. Cabo da Cruz B ocupou a cuarta praza. Chapela foi a mellor da Liga Galega B. O CR Chapela, organizador da proba, presentou até dous barcos máis sénior. Un deles, o C, con moitos veteranos, finalizou na antepenúltima posición sénior. A segunda traíña pechou a regata por detrás de Muros.

En veteranos o triunfo foi para a traiñeira de Cesantes, que superou a Tiran nunha regata que se decidiu por dous segundos.

Clasificación XVII Memorial Paco Fenosa:

Senior: Cabo da Cruz A: 19:52 e bandeira , 2. Ares: 19:57, 3. Samertolameu A: 20:14, 4. Cabo da Cruz B: 20:24, 5. Chapela A: 20:28.17, 6. Tiran A: 20:28.35, 7. Mera: 20:38, 8. Ares B: 20:39, 9. Castropol A: 20:48, 10. Mecos A: 21:00, 11. Cesantes A: 21:13, 12. Poboa: 21:14, 13. Samertolameu B: 21:28, 14. Amegrove: 21:43, 15. Chapela C: 21:45, 16. Muros: 22:33 17. Chapela B: 23:01

Senior feminina: Chapela: 23:43 e bandeira, 2. Tiran: 24:31, 3. Poboa: 25:43, 4. Castropol: 27:25

Veteranos: Cesantes: 22:35 e bandeira, 2. Tiran: 22:37, 3. Rianxo: 24:29

Categoría mixta: Tiran: 23:19 e bandeira, 2. Esteirana: 23:30, 3. Riveira: 24:04, 4.Mecos: 24:26, 5. Cesantes: 25:47

Catro medallas para o CR Chapela na Bandeira Lavanova

O CR Mecos, organizador da proba, impúxose na VII Bandeira Lavanova de bateis na categoría feminina con 15 puntos, seguido de Tirán, 13 e Samertolaméu, 11; e o Club Mar de Bueu levou a Bandeira masculina con 17 puntos, seguido de Samertolaméu con 14 e Mecos, 13.

O club de Chapela acadou a primeira posición en cadete masculino, o bronce en senior masculino, e a prata en alevín e absoluto feminino.

Resultados femininos: Alevín: 1- Tirán, 3.01:59; 2.- Chapela, 3.06:37; 3.- Mecos, 3.11:90.- Infantil: 1.- Mecos, 5.07:93; 2.- Tirán, 5.17:57; 3.- Samertolaméy, 5.34:29.- Cadete: 1.- Samertolaméu, 7.39:58; 2.- Robaleira, 7.49:95; 3.- Tirán, 7.54:41.- Xuvenil: 1.- Mecos, 10.29:65; 2.- 12.04:46.- Absoluto: 1.- Mecos, 10.31:37; 2.- Chapela, 10.56:34; 3.- Amegrove, 11.08:99.-

Resultados masculinos: Alevin: 1.- Mecos, 2.39:36; 2.- Bueu, 2.42:54; 3.-Vila Cangas, 2.44:43.- Infantil: 1.-Samertolaméu, 5.05:34; 2.- Virxe Guía, 5.17:21; 3.- Mecos, 5.20:25; Cadete: 1.- Chapela, 7.01:02; 2.- Samertolaméu, 7.11:98; 3.- Tirán, 7.13:63.- Xuvenil: 1.- 9.37:13; 2.- Samertolaméu, 9.39:68; 3.- Bueu, 9.51:01.- Absoluto: 1.- Bueu, 9.22:62; 2.- Mecos, 9.24:65; 3.- Chapela, 9.26:30.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará