Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consello escolar do IES de Soutomaior reclama máis aulas, zonas cubertas e un pavillón

ies souto

A Xunta acometeu unha pequena mellora consistente na instalación dunha cuberta, actuación que o BNG cualifica de insuficiente. Demanda ademais que se proceda a dotar o centro de máis aulas que dean cabida a todo o alumnado procedentes das escolas dos arredores.

Os nacionalistas reiteran que xa cando se procedeu ao seu proxecto e construción no 2015 as carencias eran patentes ao tratarse dun centro que carecía de comedor escolar ou pavillóns polideportivos así como dun patio cuberto en condicións para os días de mal tempo.

Apuntan tamén dende o BNG que a falta de espazo afecta á matriculación do novo alumnado. A demanda de prazas dende os centros de adscrición directa (o CEIP Manuel Padín Truiteiro e o CEIP de Ponte Sampaio) excede a oferta do centro, polo que unha gran parte do alumnado de escolas dos arredores non pode acceder ao IES Soutomaior, a propia dirección do IES e o Consello Escolar demandaron a construción de dúas aulas máis para poder dar cabida a esta demanda no vindeiro curso.

Manu Lourenzo, voceiro do BNG, fixo fincapé na gravidade de que un instituto de só tres anos de antigüidade estea a experimentar a necesidade de tantas modificacións na súa estrutura, modificacións que xa se dixo antes da súa construción que ían a ser necesarias, polo que volve a demandar a ampliación definitiva do centro e evitar que o alumnado se atope con tantos obstáculos para ter o ensino que Soutomaior merece.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará