Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela recupera a memoria de mulleres pioneiras

recuperando

Ao longo do mes de Marzo e grazas a colaboración da profesora Almudena Suárez Cerviño do Instituto Mendiño todos os días emitirase a sección “Recuperando as pezas que faltan” co obxecto de lembrar a esas mulleres que malia a súa relevancia histórica son as grandes invisibilizadas e esquecidas. Unha proposta que forma parte do programa que polo 8M por en marcha o Concello de Redondela.

Lingüistas, xornalistas, médicas, arquitectas, condutoras, escritoras, políticas, deportivas, inventoras… en total 23 mulleres que destacaron en diferentes ámbitos e cuxas vidas lembramos grazas ao traballo e a voz de Almudena Suárez, quen iniciou este traballo na pandemia recuperando as vidas de mulleres senlleiras que logo trasladou as aulas como un xeito tamén de loitar contras as desigualdades lembrando que malia as súas achegas importantes foron esquecidas ou usurpado o seu papel por homes.

Nesta achega que facemos durante o mes de marzo tan só recollemos algunhas de tantas que en moitos casos son grandes descoñecidas para a poboación en xeral: Exeria, Rita Fernández Queimadelos, Sofía Casanova, Olimpia Valencia…

Un traballo de recuperación da memoria que Almudena está xa a completar co alumnado do instituto traballando conxuntamente con outros departamentos co obxecto de elaborar un documento no que se fale das mulleres que ao longo da historia recibiron un premio Nobel poñendo de manifesto tamén a inxustiza que supón que fronte aos 900 homes que recibiron estes galardóns haxa tan só 59 mulleres. Un traballo que se concretará nun libro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará