Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada sen premio para o balonmán local de Nacional

SARHand

División Honra Prata Feminino

SAR Rodavigo 20-28 Hand Vall Valladolid

Despois da derrota na pista do Xixón, a SAR Rodavigo buscaba volver á senda da vitoria fronte ao Hand Vall Valladolid, pero non foi así, xa que o esquema defensivo e o gran acerto da portaría visitante foi un factor determinante para que as de Vero Posada non conseguisen o seu obxectivo. As valisoletanas adquiriron unha pequena vantaxe desde o inicio e mantivérona até o final, chegando a ampliala nas últimas accións.

Primeira Nacional

Forbe Reconquista 35-31 Rodosa Chapela

O Forbe Reconquista de Vigo superou ao Rodosa. A pesar da derrota, gran partido do Chapela que sorprendeu no arranque e estivo metido no partido até o minuto 50. Comezou o choque cun gran xogo do Chapela que se puxo por diante no marcador (1-4, min. 5). O Reconquista reaccionou, pero os de Chapela seguiron enchufados e así o xogo discorreu igualado até minuto 48 (30-27). Logo os locais lograron irse de cinco e xa puideron sentenciar no tramo final.

Balonmán Luceros 35-25 SAR Plastic Omnium

Moi boa primeira parte da SAR Plastic Omnium no Gatañal que colocou un 0-5 no marcador nos primeiros minutos de xogo, contendo o ataque local grazas á boa defensa exposta e a actuación en portaría (0-5, min 6 / 2-8, min 12). O Balonmán Luceros reaccionou a esta situación e logrou empatar o partido e reverter a situación para chegar ao descanso cun 16-14 no electrónico. A segunda parte foi moi distinta á primeira. Os de Cangas non baixaron a intensidade e a diferenza de goles foi aumentado a medida que avanzaban os minutos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará