Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR leva o derbi nun final de infarto

SARderbi

Un gol de penalti co tempo xa esgotado deulle o triunfo á SAR nun encontro moi intenso e igualado.

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 27-28 SAR Plastic Omnium

O derbi redondelán non defraudou ao público congregado no Pavillón Manuel González Soto. O partido estivo marcado pola igualdade e a intensidade, e os dous equipos pelexaron pola vitoria de principio a fin. A SAR estivo por diante no marcador ao comezo do encontro, pero con vantaxes moi lixeiras (6-9). O Balonmán Chapela non lles permitiu escapar no marcador, e remontaron para chegar ao descanso con empate 14-14. Na segunda parte os de Moncho Pazos ampliaron a renda a 4 goles (16-20, min 40) pero a falta de dez minutos para o final o Chapela volvía a igualar o encontro (22-22). Os anfitrións puxéronse por diante no minuto 55 (25-23) e os últimos minutos foron de infarto. Chegouse ao minuto 59 cun empate a 27-27 no marcador. Na última acción de ataque da SAR os colexiados pitaron un penalti a favor dos redondeláns e Iago Vidal anotou o gol da vitoria para a SAR co 27-28 final. O resultado permite aos de Moncho Pazos seguir na liña da permanencia, mentres complica a situación ao Chapela, que segue como pechacancelas cun único punto no casilleiro.

Na próxima xornada á SAR toca un difícil desprazamento ao Gatañal o domingo, onde se enfrontarán ao Balonmán Luceros. O Chapela xoga o sábado nas Travesas ante Forbe Reconquista.

División Honra Prata Feminino

Xixón 28-24 SAR Rodavigo

As de Verónica Posada regresaron de baleiro de terras asturianas. A SAR Rodavigo perdeu na pista do Balonmán Xixón nun encontro no que o equipo non chegou a atoparse cómodo en ningún momento. Sempre por detrás no marcador, as de Redondela non puideron recortar a renda inicial de tres goles que as locais impuxeran nos primeiros minutos e chegaron ao descanso 14-11. Na continuación, a dinámica seguía sendo a mesma co Xixón cada vez máis forte ata o resultado final de 28-24. Na seguinte xornada recibirán na Bomboneira ao Hand Vall Valladolid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará