Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada en branco para o balonmán local

SARoviedo

Todos os partidos de división nacional foron derrotas para os equipos locais

División Honra Prata Feminino

Oviedo 35-19 SAR Rodavigo

Longo desprazamento de difícil partido para as de Verónica Posada, que non conseguiron facer fronte ao Oviedo. As asturianas fixeron valer a súa superioridade, que as acredita como líderes indiscutibles desta liga. As de Redondela non tiveron opcións, e as anfitrioas mandaron no marcador de principio a fin, cunha ampla vantaxe xa no descanso (20-12). Sen tempo para lamentacións, esta fin de semana a SAR Rodavigo recibe ao Balonmán Camargo, equipo situado tres puntos por riba.

Primeira Nacional

Carnes do Ribeiro 29-23 SAR Plastic Omnium

Partido difícil en terras ourensás no que a SAR foi por diante na primeira parte. O partido empezou cos de Redondela cunha pequena marxe no marcador (2-4), pero a vantaxe durou pouco tempo, e no minuto 10 os locais xa igualaran cun 5-5 no electrónico. A partir dese momento os redondeláns volveron a poñerse por diante, para chegar ao descanso cunha vantaxe de 5 goles (11-16). Na continuación, as Carnes do Ribeiro deulle a volta á situación, e empatou mediada a segunda parte (21-21). Logo puxéronse por diante e foron aumentando a renda até chegar ao final cun 29-23 no marcador. Na próxima xornada será o líder, o Balonmán Lalín, o que visite Redondela.

Rodosa Chapela 24-33 BM Lalín

O Lalín mantén o liderado logo de superar ao Chapela, que segue como pechacancelas. No partido o Lalín deu mostras da súa clara superioridade e non deu opcións aos locais, que na próxima xornada visitan a pista do Bueu Atl.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará