Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina premia ás empresas inclusivas

andaina

A Asociación de persoas con diversidade funcional de Redondela, Andaina, da un paso máis de cara a fomentar unha sociedade con inclusión plena. Con ese obxectivo vén de crear un premio que quere recoñecer  o  compromiso e a labor do comercio, hostalaría, pequena empresa e entidades locais e comarcais en materia de accesibilidade, inclusión e boas prácticas no mundo socio-laboral das persoas con Diversidade Funcional. Uns recoñecementos que contan coa colaboración do Concello e CaixaBank.

Logo de dez anos recoñecendo o labor daquelas entidades que traballan a favor da inclusión, Andaina da un paso máis e crea uns premios cos que se quere concienciar ao tecido empresarial na necesidade e os beneficios que ten a construción de espazos inclusivos e accesibles, para reducir as desigualdades e a exclusión social e laboral a, ao mesmo tempo, favorecer a creación de espazos máis comprometidos.

Así, estes galardóns contemplan un premio de accesibilidade arquitectónica (accesos adaptados) de accesibilidade cognitiva (sinalización visual, sistemas alternativos de comunicación, formación profesional en discapacidade..) e un premio a aquela empresa que puxera en marcha algunha iniciativa para favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade.

Antonio García, presidente Andaina

Uns premios que recoñecen tamén a entidades culturais e deportivas que traballen pola inclusión e a aquelas persoas con discapacidade que destacaran en calquera ámbito polos seus logros creando un recoñecemento a “traxectoria académica, profesional ou artística”.

Os proxectos gañadores contarán cun premio económico ademais dun distintivo de boas prácticas de inclusión, uns premios que serán entregados na Gala de Andaina que se celebra en decembro coincidindo cos actos do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Na creación deste premio colabora a Fundación La Caixa, representada polo director da oficina en Redondela, Ricardo Otero, que recoñece así o labor desta entidade a nivel social.

Ricardo Otero, directora La Caixa

Un recoñecemento que destacaba tamén a alcaldesa, Digna Rivas quen quixo “dar as grazas pola implicación de Andaina, polo esforzo que fan cada día e por dar visibilidade tamén a todas esas empresas, comercios e locais de hostalaría que traballan pola inclusión de todos e todas”.

Digna Rivas, alcaldesa Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará