Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O SD Pazos recupera o liderado

PazosLider

A suspensión do partido do Redondela Maramar permite aos de Amoedo poñerse primeiros da Preferente logo de gañar ao Abetos. O Arealonga perdeu nun axustado partido co Marín. Na Terceira División o Campito caeu ante o Vilalba.

Terceira División

Campito 3-5 Vilalba

Os de Chapela, plantaron cara a un dos equipos máis fortes da liga, pero non foron quen de resistir a presión do Vilalba, e acabaron perdendo. Na próxima xornada visitan a pista do 4º clasificado, o Vigo 2015, o domingo no pavillón de Coia.

Preferente Sur

Redondela FS Maramar-As Neves. Aprazado

Marin Futsal 4-3 Arealonga

Os de Chapela plantaron cara ao Marín Futsal pero finalmente perderon un partido que estivo moi disputado.

Pazos de Borbén 9-1 Abetos Gondomar

Os de Fran Amoedo seguen invictos e logo da goleada sobre o Abetos son líderes, logo da suspensión do partido do Redondela, que chegaba como primeiro da táboa a esta xornada. O SD Pazos empezoua desnivelar o partido a mediados da primeira parte, e a partir dese momento tiveron o control. Os goles do Pazos foron de Joni (4), Diego (3) e Sergio (2).

A vindeira semana comeza a segunda volta. O Redondela Maramar recibe ao Quinta de Tui, tamén se xoga o derbi Teis-Arealonga, cos vigueses como pechacancelas, e o Pazos recibe ao Verín Cigarrón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará