Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Montse Fajardo presenta en Redondela o libro A vida incerta

cartel-fajardo

O texto fai un percorrido pola vida de loita e compromiso que Virxinia Pereira compartiu con Castelao. A presentación terá lugar este mércores ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e forma parte do programa de Conversas que organiza o colectivo Alén Nós. Ademais da escritora intervirá no acto Tareixa Navaza, autora do prólogo.

“A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao, e entre a xente que si o sabe, prevalece a idea errónea de que Virxinia Pereira Renda –que así se chamaba- non era máis ca unha señorita conservadora, relixiosa e algo superficial da Estrada. Como moito, xorde a abnegada enfermeira e compañeira do home no exilio que si era, pero hai máis. Esa imaxe deixaba atrás outras moitas facetas dunha muller que permaneceu rexa durante o tempo en que padeceu os rigores do exilio coa mesma intensidade que castelao, e aínda así puxo porriba de todo a defensa dos valores galeguistas, republicanos e antifascistas que pode que lle trasmitise el, pero que ela asumiu como propios e defendeu ata o final da súa vida”.

Con esa premisa arranca o libro de Montse Fajardo que esta tarde se presenta en Redondela e que se pode adquirir na librería A Carambola.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará